EXPOSICIÓN E ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO FOTOGRAFÍA

Imagen

EXPOSICIÓN E ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO FOTOGRAFÍA

Iste venres, 7 de febreiro, inaugúrase a exposión do I Concurso de Fotografía de Arquitectura Contemporánea aMMCestudio. No acto inaugural darase a coñecer ó gañador do concurso, máis os dous Accesit que o xurado e a organización decidirón outorgar ás tres obras finalistas.

Anuncios

MODIFICACIÓN FORMATO DE FOTOGRAFÍAS PARA EL CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE aMMCestudio

Debido as condicións impostas polo Centro Cultural Lustres Rivas para a exposición das fotografías, a organización do concurso procedeu a facer unha última modificación nas bases do mesmo:

“TAMAÑO E FORMATO DAS FOTOGRAFÍAS

As fotografías, que poderán ser en branco e negro ou en color, presentaranse en papel fotográfico de dimensións 30 x 40 cm., terán que ir pegadas ou impresas sobre soporte ríxido de espesor máximo 10 mm., xa que para poder ser expostas deberán colgarse. Se ben a mancha será do tamaño que o autor considere oportuno, deixarase unha marxe branca de mínimo 2cm (a parede non é branca). As imaxes poderán ser tratadas dixitalmente, pero non se admite a fotomontaxe.”

A organización pide disculpas polas molestias que esta última modificación poida xerar ós concursantes. Contando con que, de ter xa impresa a fotografía a entregar coas condicións establecidas con anterioridade, non se modifica o tamaño de entrega polo que somentes sería preciso pegada sobre soporte ríxido.

As bases correxidas quedán á disposición dos concursantes en ammcestudio.com

Modificación do prazo e condicións de entrega do Concurso de Fotografía aMMCestudio

Debido á modificación das datas de exposición do concurso, que se apraza ata febreiro de 2014, a organización decide a ampliación das datas de entrega ata o 20 de decembro de 2013.

Tamén se modifican as condicións de entrega das fotografías.

Agardamos que estas modificacións resulten de axuda e pedimos disculpas por calquera problema que puidesen xerar. Se ese fose o caso, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

As bases correxidas quedán á disposición dos concursantes en ammcestudio.com

aMMCestudio organiza Concurso de Fotografía de Arquitectura

O “I Concurso de Fotografía de Arquitectura Contemporánea aMMCestudio” organizase este ano 2013 coa pretensión de achegar o interese pola arquitectura contemporánea a través da fotografía. Invitando a facer un esforzo reflexivo e creativo a tódolos participantes. O Concurso rematará cunha exposición no Centro Cultural do Concello de Riveira, acto no que farase entrega do premio á mellor fotografía.

Quero agradecer de antemán ós participantes o esforzo e ilusión. E, por suposto, dar grazas ós Colaboradores por facer posible esta iniciativa.