Concurso de Fotografía

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA aMMCestudio.

INTRODUCIÓN

A fotografía é, quizais, o medio divulgador da arquitectura máis importante. Por medio da fotografía coñecemos as obras arquitectónicas que non temos posibilidade de visitar fisicamente e podemos, ademais, estudar a evolución da arquitectura e da súa relación co contorno ó longo da súa vida. Tamén válenos os arquitectos para dar a coñecer a nosa obra. Ó tempo  a peza arquitectónica convértese en elemento compositivo dentro da arte da fotografía, descubríndonos novas perspectivas e sensacións.

OBXECTIVO

Este concurso pretende recoller esta interacción entre arquitectura e fotografía, e, a un tempo, espertar o interese pola arquitectura contemporánea. A toma dunha boa fotografía de arquitectura implica: a busca e selección da peza arquitectónica que se vai fotografar, a análise e reflexión sobre a obra e o seu contorno, o estudo do encadre fotográfico, da luz e dos volumes. Finalmente, coa exposición dos traballos presentados o público poderá observar a particular visión do fotografo e a posta en valor da arquitectura fotografada.

TEMA

Arquitectura contemporánea, urbana o rural, a partir da segunda metade do século XX, en tódalas súas manifestacións: residencial, comercial, industrial, sanitaria, educativa, deportiva, infraestructural, …; que estará situada en Galicia.

As obras presentadas poderán ser dun edificio no seu conxunto, o edificio e seu contorno, ou parte del, tanto interior coma exterior. Valorarase a calidade técnica, compositiva e creativa das fotografías, que poderán incorporar outros elementos na súa composición: persoas, animais, natureza,…; mais o elemento protagonista da composición deberá ser a arquitectura.

A proposta fotográfica deberá trasladar unha lectura da arquitectura cun deseño que se enmarque dentro da linguaxe arquitectónica contemporánea nas súas múltiples tendencias, tales coma Neomodernismo, Postmodernismo, Tecnolóxico, Minimalista, Organicista,…

PARTICIPANTES.

A participación será libre. Os participantes haberán de ser maiores de idade.

NÚMERO DE FOTOS POR AUTOR ou AUTORA

Presentaranse fotos individuais (máximo tres por autor, sempre que formen un conxunto compositivo que será valorado como un único traballo). Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún concurso ou certame. Os autores responsabilízanse totalmente da autoría e orixinalidade das obras presentadas, así como de que non existan dereitos a terceiros sobre estas, e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe poida ser formulada.

TAMAÑO E FORMATO DAS FOTOGRAFÍAS

As fotografías, que poderán ser en branco e negro ou en color, presentaranse en papel fotográfico de dimensións 30 x 40 cm., terán que ir pegadas ou impresas sobre soporte ríxido de espesor máximo 10 mm., xa que para poder ser expostas deberán colgarse. Se ben a mancha (fotografía) será do tamaño que o autor considere oportuno sen superar o tamaño máximo, deixarase unha marxe branca de mínimo 2cm (a parede non é branca). As imaxes poderán ser tratadas dixitalmente, pero non se admite a fotomontaxe.

PRESENTACIÓN.

A forma de presentación será baixo lema, presentaranse dous sobres incluíndo a seguinte información:

Paquete 1: Incluirá a/s fotografía/s presentada/s co lema no dorso e a situación da obra fotografada, e un CD coas imaxes presentadas en formato dixital JPG (debera ser o mesmo arquivo que se mandou a impresión con una resolución de 300 ppp). Poderase aportar calquera dato que o autor considere oportuno para a valoración do traballo. O paquete estará cerrado, figurando no exterior o lema do concursante como único dato.

Paquete 2: Un sobre cerrado, tamaño A5 que incluirá os datos persoais do participante, nome, dni, número telefónico de contacto, dirección e correo electrónico. De forma opcional se poderá incluír unha descrición da obra. O sobre deberá estar cerrado figurando no exterior o lema do concursante como único dato.

ENTREGA DE FOTOGRAFÍAS.

Plazo aberto ata o 15 de xaneiro de 2014.

LUGAR DE ENTREGA.

aMMCestudio. Emilia Pardo Bazán 5, entreplanta. 15960 Ribeira (fronte á oficiña de turismo).

Os traballos tamén poderán ser enviados por correo certificado a esta mesma dirección, facendo valer a data do certificado. Neste caso as fotografías viran ben protexidas (cartón ríxido ou similar), a organización non se fará cargo dos posibles deterioros orixinados polo transporte.

PREMIOS.

Se concederá un único premio, que non poderá ser declarado deserto:

Premio á mellor fotografía: 500 Euros

XURADO.

O xurado estará composto por a lo menos catro membros arquitectos e fotógrafos, e actuando como secretario o arquitecto Miguel Martínez Castro.

O xurado valorará a linguaxe do autor a través da obra, o tratamento da luz e os volumes na realización das fotografías, a calidade plástica das fotografías presentadas, así como calquera outra circunstancia que se estime oportuno.

EXPOSICIÓN.

Realizarase unha exposición no Centro Cultural Lustres Rivas do Concello de Ribeira coas fotografías que resulten seleccionadas e premiadas, en febreiro de 2014.

FALLO DO XURADO.

Os premios faranse públicos e entregaranse o día da inauguración da exposición.

O fallo do xurado será inapelable.

FOTOGRAFÍAS PRESENTADAS.

Tódalas fotografías presentadas quedarán en propiedade de aMMCestudio, que poderá facer uso delas para fins non lucrativos tanto no formato físico coma dixital, citando en todo momento ó autor e respectando os seus dereitos. Poderán devolverse as fotografías non premiadas en formato físico previa petición do autor, e sendo recollidas no lugar da entrega.

A participación supón a aceptación das bases, calquera imprevisto será resolto e comunicado pola organización.

NOTA: El contido destas bases pode estar suxeito a modificacións, en tal caso se publicarían na páxina Web (ammcestudio.com)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s